|
Benito Eladio Rodríguez Fernández,
naceu en Beade do Ribeiro no ano 1948.Filho e neto de viticultores con terras de seu, tivo na arte de trovar o medio perfeito para expresar as súas profonduras anímicas, sociais e amorosas.Como non podería ser de outra maneira,o vinho, a vinha, as xentes do Ribeiro e a paisaxe ribeirán van conformando o seu corpus creativo.
Os primeiros poemas aparecen no nº 45 da revista Grial.Publica no 2015 unha obra de narrativa titulada:GANDARÓN OU O GRAN FALO MEGALÍTICO DE PENA CORNEIRA,obra que transcurre na Idade do Ferro, nas terras do Ribeiro.No 2020 publica un relato erótico titulado UNHA VIAXE ENTRE SONHOS, cun trasmundo narrativo fincado na mitoloxía galaica.
A punto de saír do prelo dous poemarios:APUNTES NA NOITE E NA LÚA e POEMAS A MULHER POETA. Outras obras escritas dende a súa xuventude, esperan ocasión propicia para a súa publicación.
B. Eladio Rodríguez, regresa no 2015 ao seu Beade nativo, despois dunha intensa actividade empresarial ao longo de cuarenta e cinco anos, en Vigo.
Alí recibe a amigos,artistas e a quen queira catar un bo tinto Ribeiro e parolar do habido e por haber.
|